Unha rede de acción institucional que ten como obxectivo poñer en valor o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía, xa que forma parte substancial da vida das persoas como escenario natural da expresión colectiva. Os concellos que fan parte desta rede comprometéronse a realizar políticas de recuperación dos seus espazos públicos e a fomentar as mobilidades alternativas. Ágora está promovido e coordenado pola Deputación de Pontevedra a través da súa área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos Urbanos.
Facultade ágora
Unha experiencia de formación coa mirada posta na mellora do espazo público e as mobilidades alternativas como axente activo da calidade territorial, a sociabilidade e o benestar humano.
Dirixida a persoas con profesión ou representación política relacionada co espazo público.
Cunha equipa formativa de primeiro nivel.
Con acceso a titulación propia.
Durante 2022 a Facultade Ágora desprega unha oferta formativa aberta con diferentes actividades encamiñadas a profundar no coñecemento sobre o espazo público e como recuperalo para as persoas. Descobre os catro tipos de actividades que presentamos para 2022.

Curso Ágora
ONLINE

Obradoiros Ágora
PRESENCIAL

Poli Ágora
PRESENCIAL

Conversas Ágora
PRESENCIAL | ONLINE
CURSO ÁGORA
Unha experiencia formativa entre septiembre y noviembre que recolle desde unha óptica multidisciplinar os fundamentos básicos sobre o tratamento do espazo público, tanto a nivel teórico como a partir de experiencias prácticas. Un curso no que participan máis de 40 profesores de enorme prestixio con un tutor permanente en línea. Consulta o seu programa, dividido en 11 sesións temáticas.
OBRADOIROS ÁGORA
Estudos sobre o terreo que combinan a teoría específica con casos prácticos de transformación. Experiencias presenciais con persoas especialistas e quen dirixiu e xestionou os diferentes procesos de ampliación e dignificación do espazo público que se estudarán. Catro sesións que se celebrarán en distintos puntos da provincia de Pontevedra.
POLI ÁGORA
Unha sesión específica dirixida en exclusiva á temática policial e o seu papel en torno ao espazo público e os novos horizontes da mobilidade. Cuestións como a visión cero en seguridade viaria, a súa íntima relación co deseño do espazo ou os roles de empatía entre policía e cidadanía forman parte do menú desta xornada.
CONVERSAS ÁGORA
Eventos públicos nos que participarán especialistas de prestixio ao redor de temas monográficos relacionados co espazo público e os cambios culturais que implican as transformacións en curso.
A primeira Conversa terá lugar o 23 de setembro cos profesores José Fariña e María Ángeles Durán como convidados
CONTACTA
Aínda tes dúbidas?
Podes transmitirnos as túas incertezas. Trataremos de aclararche canto estea na nosa man.