Mi cuenta

Identificación

Rexistrarse

Enviarase unha ligazón ao teu enderezo de correo electrónico para establecer un novo contrasinal.

Tus datos personales se utilizarán para procesar tu pedido, mejorar tu experiencia en esta web, gestionar el acceso a tu cuenta y otros propósitos descritos en nuestra política de privacidade .

Consulta o descarga la plantilla del examen del curso Ágora sobre Espacio público 2021 en español AQUÍ

Consulta ou descarga o documento do exame do curso Ágora sobre Espazo Público 2021 en galego AQUÍ

NOTIFICACIONS

1. Acreditación

En breve engadiremos notificacións

As persoas rexistradas como alumnado poderán optar a dous tipos de acreditación:

1. TÍTULO PROPIO DA FACULTADE ÁGORA, obtido por aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Superar as condicións mínimas de asistencia.
  • Superar unha proba de avaliación realizada ao finalizar o curso.

Este tipo de certificado está principalmente dirixido a persoas de perfil técnico que desexen acreditarse como TÉCNICO ÁGORA. Esta titulación non supón a ampliación das competencias profesionais de ningunha titulación académica, pero se acredita a consecución por parte do alumnado dos catro obxectivos formativos do curso.

2. CERTIFICADO DE ASISTENCIA, obtido por aquelas persoas que superasen os requisitos mínimos de asistencia. Este tipo de certificado está principalmente dirixido a  persoas con representación  política, policía local e outros perfís non interesados en acreditarse como TÉCNICO ÁGORA.

2. Obxectivos formativos

1. Coñecer e aprender os conceptos que sustentan os principios da Rede Ágora.

2. Aprender coñecementos técnicos e teóricos para a aplicación dos principios da Rede Ágora na xestión e a transformación física do espazo público.

3. Consolidar a aprendizaxe dos coñecementos técnicos antes mencionados mediante a análise de espazos públicos da provincia de Pontevedra considerados casos de boas prácticas.

4.  Participar no intercambio de ideas e a reflexión sobre a base conceptual e as solucións técnicas adoptadas en próximos proxectos de transformación do espazo público dos municipios da provincia.

3. Que che vai aportar?

Participar nas sesións da Facultade Ágora vai supoñer acceder a un ámbito de formación pouco habitual, coa mirada posta exclusivamente no espazo público relacionado co cambio na mobilidade e as súas novas dimensións cualitativas, máis atentas á saúde e á sustentabilidade dos recursos. 

Esta formación certificará que recibes unha serie de coñecementos relacionados cos principios de Ágora, a partires dos que podes garantir unha dedicación acaída aos proxectos de transformación do espazo público para incrementar a súa amabilidade e fomentar as mobilidades alternativas.