Preinscripción Curso Ágora on-line
A inscrición no curso Ágora en liña formalizarase en dúas fases: Preinscrición e Matrícula. A matrícula poderá efectuarse unha vez recibida a confirmación da admisión, que será notificada por correo electrónico.
Prazo de Preinscrición: desde o 25 de maio ás 8:00 h ata o 12 de agosto ás 24:00 CET.
Prazo de Matrícula: Ata o 26 de agosto ás 24:00 CET.
CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN
A inscrición no curso Ágora en liña está aberta a calquera persoa interesada, ata esgotar prazas.
A resolución de solicitudes resolverase atendendo aos seguintes criterios:
Persoal dos Concellos Ágora e da Deputación de Pontevedra
Persoas con vencello laboral e persoas con representación política dos Concellos Ágora e da Deputación de Pontevedra. Estas condicións acreditaranse mediante certificado do Secretario ou a Secretaria do concello correspondente ou certificado do Secretario da Deputación de Pontevedra, no que se indique cargo da persoa interesada con data non anterior a 2022.
Outros casos
O resto de solicitudes resolveranse por orde de inscrición ata esgotar prazas, con acceso preferente para as persoas domiciliadas na provincia de Pontevedra.
A condición de persoa domiciliada na provincia de Pontevedra acreditarase mediante certificado de empadroamento ou ben mediante certificado do domicilio fiscal emitido pola Axencia Tributaria con data non anterior a 2022.
PREZOS DA MATRÍCULA:
Matrícula xeral: 400 €, IVE incluido.
Matrícula reducida: 300 €, IVE incluido. Poderán acceder a este desconto as persoas colexiadas nalgún dos seguintes colexios profesionais:
- Colexio de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos. Galicia (CICCP).
- Colexio de Enxeñería Técnica de Obras Públicas. Galicia (CITOP).
- Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia (COAG).
- Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Pontevedra (COATPO).
Esta condición acreditarase mediante Certificado de Colexiación con data non anterior a 2022.
Matrícula gratuita: Persoas con vencello laboral e persoas con representación política dos Concellos Ágora y persoal técnico da Deputación de Pontevedra.
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN FACULTADE ÁGORA
OPCIÓN 1: PERSOAL DOS CONCELLOS ÁGORA
OPCIÓN 2: OUTROS CASOS